Lingua paiute do norte

Lingua paiute do norte
Outros nomes:Numu ou paviotso
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: California, Nevada, Oregón e Idaho
Total de falantes: 700 (2007)[1]
Familia: Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Númica
   Númica occidental
    Lingua paiute do norte
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pao
Mapa
Status

O paiute do norte está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua paiute do norte, tamén coñecida como numu ou paviotso, é unha lingua númica da familia uto-azteca falada polo pobo paiute nos Estados Unidos de América. Segundo Marianne Mithun, en 1994 tiña arredor de 500 falantes nativos.[3] Porén, en 1999 Ethnologue elevaba o número a 1 631.[4] En 2007, estimábase que había uns 700 ademais de 400 falantes parciais. A lingua paiute do norte está estreitamente relacionada coa lingua mono.

  1. Ethnologue (ed.). "Northern Paiute". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Mithun (1999:541)
  4. Ethnologue (ed.). "Report on Northern Paiute". Consultado o 5 de outubro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search